SanidadeÚltima hora

Falece un novo paciente diagnosticado de Covid no Hospital de Verín

Exterior do Hospital de Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende a Consellería de Sanidade veñen de confirmarse tres novos falecementos nas últimas horas de persoas que foran diagnosticadas por coronavirus en Galicia, unha delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de 80 anos que estaba ingresado no Hospital de Verín e que tiña patoloxía previas.

Ademais perdían a vida un home de 81 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e un home de 80 anos, ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. Ambos presentaban tamén patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button