ConcellosÚltima hora

Falece un octoxenario que conducía un tractor en Placín (Manzaneda)

 

Rozando as dúas desta tarde de 11 de xaneiro producíase un accidente cun tractor na localidade de Placín (Manzaneda). O seu condutor, un octoxenario, perdía o control deste vehículo, que ía moi despaciño, e acababa moi preto dunha das vivendas da aldea. O condutor resultaba falecido e sospéitase que puido sufrir un desvanecemento.

Ata o lugar desprazábase de inmediato Protección Civil de Manzaneda, asistencia sanitaria, o 061 e a Garda Civil.

Artigos relacionados

Back to top button