OurenseÚltima hora

Falece un octoxenario tras ser atropelado na cidade de Ourense

O accidente mortal tiña lugar na mañá do 8 de outubro na rúa Vasco Diaz Tanco
As Urxencias Sanitarias acudiron ao lugar dos feitos.

Un varón de 84 anos e veciño da zona, falecía na mañá do 8 de outubro na rúa Vasco Diaz Tanco, na cidade de Ourense, tras ser atropelado por un turismo.

En torno á 10:15h. un particular pedía axuda ao 112 Galicia indicando que acababa de atropelar a un peón. Decontado, os xestores de emerxencias puxeron en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias e á Policía Local, que nada mais chegar ao punto confirmaron o falecemento da persoa.

Os Bombeiros da cidade e os efectivos de Protección Civil tamén foron informados, e dende a Policía Local da cidade indican que se están investigando as circunstancias deste tráxico suceso adiantando que, segundo os primeiros indicios, a vítima “cruzaba a calzada por un lugar non habilitado e o condutor, de 19 anos, deu negativo nas probas de alcohol e drogas que se lle realizaron”.

Artigos relacionados

Back to top button