SanidadeÚltima hora

Falece un paciente diagnosticado de Covid ingresado no CHUO

Exterior do Hospital de Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A provincia de Ourense vén de rexistrar un novo falecemento dunha persoa con Covid. Dende a Consellería de Sanidade vén de notificarse que nas últimas horas falecía un home de 75 anos diagnosticado de coronavirus que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) e que tiña patoloxías previas.

Ademais Sanidade comunica outro falecemento en Galicia, o dunha muller de 82 que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra. Esta paciente tamén tiña patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button