En portadaSanidadeÚltima hora

Falece un paciente diagnosticado de Covid no Hospital de Valdeorras

Entrada principal ao Hospital Público de Valdeorras, no Barco.

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar o falecemento nas últimas horas en Galicia de catro persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas en Valdeorras.

Así o 31 de agosto, o Hospital Público de Valdeorras, no Barco, rexistraba o falecemento dun home de 81 anos. Ese mesmo día perdía a vida un home de 64 anos, que procedía da Residencia As Gándaras (Lugo) no Hospital Lucus Augusti de Lugo.

Ademais o 1 de setembro falecían un home de 70 anos, que procedía do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Chapela (Redondela), no CHUVI e un home de 83 anos, en Povisa.

As catro persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

27 ingresos por Covid nos hospitais da provincia de Ourense

Nesta xornada de 2 de setembro o Hospital Público de Valdeorras rexistra 5 ingresos de pacientes con Covid en planta (1 menos que onte polo falecemento). No cómputo total de ingresos na provincia de Ourense a cifra é de 27, 1 máis que onte.

Así no Hospital Universitario de Ourense hai 14 en planta (1 máis que onte) e 7 na UCI (1 máis que onte); e no Hospital de Verín hai 1 ingreso en planta, igual que onte.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button