OurenseÚltima hora

Falece un peón tras sufrir un atropelo en Xinzo de Limia

 

Un home perdía a vida a pasada noite no concello ourensán de Xinzo de Limia, despois de sufrir un atropelo no concello ourensán de Xinzo, tal e como informa o 112 Galicia.

O suceso tiña lugar no punto quilométrico 198 da estrada N-525 e foi pasadas as 22:30 horas cando o 112 Galicia recibía o aviso. “Unha testemuña contactou co 112 Galicia para notificar o sinistro. Así mesmo, a persoa indicaba que o vehículo implicado continuara a marcha. De inmediato, os operadores do CIAE-112 Galicia informaron aos servizos sanitarios, aos axentes da Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Xinzo e a Protección Civil do municipio. Unha vez chegados ao punto, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061 só puideron confirmarlle ao 112 o falecemento do peón, polo que nada puideron facer por salvarlle a vida”, segundo o 112 Galicia.

Desde o 112 Galicia tamén se lle facilitaron os datos ao Centro de Xestión de Tráfico e ao persoal de mantemento da vía.

Artigos relacionados

Back to top button