ConcellosEn portadaÚltima hora

Falece un veciño de Fontei (A Rúa) ao caer dun tellado

Precipitábase dende o alto dun tellado da súa propiedade cando o estaba arranxando

Un home perdía a vida arredor das catro desta tarde de 22 de outubro na praza de Fontei (A Rúa) ao precipitarse dende o alto dun tellado da súa propiedade que estaba arranxando. A chamada dun particular daba aviso do acontecido ao 112 Galicia e de inmediato deprazábase ata o lugar o 061-Urxencias Sanitarias, “que mobilizou ao helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que se descartou a súa intervención ao confirmarse o falecemento da persoa”, segundo informa o 112 Galicia.

Tamén se avisaba á Policía Local da Rúa, a Protección Civil e á Garda Civil. “Unha vez no lugar dos feitos, os efectivos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida á persoa”, tal e como sinala o 112 Galicia.

 

Artigos relacionados

Back to top button