ConcellosÚltima hora

Falece un xove nun accidente laboral en Carballeda

Imaxe do lugar no que tiña lugar este accidente laboral.
Imaxe do lugar no que tiña lugar este accidente laboral.

Un accidente laboral acontecido nunha nave de lousa custáballe a vida a un xove de 31 anos na mañá do 11 de abril. O suceso tiña lugar na zona de Riodolas, no concello de Carballeda de Valdeorras.

Ao redor das doce do mediodía recibíase a alerta do accidente. Ata o lugar desprazábanse o GES do Barco, os bombeiros do parque comarcal de Valdeorras, a Garda Civil, unha ambulancia asistencial, un helicóptero do 061 e persoal sanitario. Sen embargo, malia aos esforzos do equipo sanitario o xove faleceu no lugar.

Artigos relacionados

Back to top button