ConcellosÚltima hora

Falece unha muller nun accidente de tráfico en Quiroga

A vítima mortal viaxaba de acompañante nun coche que chocaba cun camión na N-120 na mañá deste 27 de maio

 

Na mañá deste mércores 27 de maio producíase un accidente de tráfico na estrada N-120 ao seu paso por Quiroga, no que resultaba falecida unha muller ao chocar o vehículo no que viaxaba cun camión avariado. Na colisión tamén resultou ferido de consideración o condutor do coche mentres que o do camión resultou ileso despois do impacto.

Segundo indican dende o 112 Galicia, os servizos de intervención excarceraron á muller falecida, atrapada no interior do turismo por mor do choque, que se producía ao fío das 10:20 horas.

Era un particular quen alertaba do sinistro ao 112 Galicia que de seguida contactaba con Urxencias Sanitarias de Galicia-061, co GES de Quiroga e do Folgoso do Courel, cos Bombeiros de Monforte de Lemos, coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Quiroga e cos axentes da Policía Local e da Garda Civil.

Artigos relacionados

Back to top button