SanidadeÚltima hora

Falece unha paciente con coronavirus no Hospital de Verín

Tamén perdían a vida nas últimas horas outras dúas persoas hospitalizadas no CHUO

Exterior do Hospital de Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nas últimas horas Galicia vén de rexistrar outros nove falecementos de persoas diagnosticadas por coronavirus, segundo informa a Consellería de Sanidade. Unha delas é unha muller de 90 anos ingresada no Hospital de Verín e que non tiña patoloxía previa.

Tamén falecían dous pacientes hospitalizados no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO): un varón de 65 anos e unha muller de 78 anos con patoloxías previas.

Ademais perdía a vida unha muller de 89 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS); unha muller de 67 anos en Povisa; un varón de 95 e outro varón de 86 no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC); e unha muller de 85 e outra de 84, tamén neste mesmo hospital. Todos eles con patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button