En portadaÚltima hora

Falece unha paciente diagnosticada de coronavirus no Hospital de Valdeorras

Ademais perdían a vida outros cinco pacientes con COVID-19 en Galicia, dous deles hospitalizados no CHUO

Exterior do Hospital Público de Valdeorras no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nas últimas horas Galicia vén de rexistrar seis novos falecementos de persoas diagnosticadas con coronavirus. Unha delas é unha paciente de 80 anos ingresada no Hospital Público de Valdeorras, no Barco, tal e como confirma a Consellería de Sanidade. Con ela son xa oito as persoas con COVID-19  falecidas no hospital barquense.

Ademais perdían a vida outras cinco persoas na comunidade galega: unha muller de 91 anos e un home de 83 anos que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), un varón de 76 anos e outro varón de 88 anos ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC)e  unha muller de 93 anos ingresada na Rosaleda.

Artigos relacionados

Back to top button