SanidadeÚltima hora

Falece unha persoa diagnosticada por Covid na provincia

Exterior do Hospital de Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende a Consellería de Sanidade vén de comunicarse o falecemento nas últimas horas en Galicia de dúas persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de 77 anos no Hospital de Verín que falecía o 14 de xaneiro. Deste xeito son xa 483 as mortes rexistradas na provincia de Ourense dende o inicio da pandemia.

Ademais neste 15 de xaneiro perdía a vida unha muller de 82 anos no Complexo Hospitalario de Pontevedra. Procedía da Residencia de Vilaboa.

As dúas persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button