SanidadeÚltima hora

Falece unha persoa diagnosticada por Covid na provincia

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende a Consellería de Sanidade vén de comunicarse o falecemento nas últimas horas en Galicia de dúas persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de  55 anos que falecía o 17 de xaneiro no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Deste xeito son xa 483 as mortes rexistradas na provincia dende o inicio da pandemia.

Ademais, ese mesmo día perdía a vida outro home de 85 anos, no Complexo Hospitalario de Vigo.

As dúas persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button