SanidadeÚltima hora

Falece unha persoa diagnosticada por Covid na provincia

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar o falecemento en Galicia nas últimas horas de sete persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de 94 anos no Hospital Universitario de Ourense, que falecía o 19 de xaneiro. Con el son xa 485 as persoas falecidas na provincia dende o inicio da pandemia.

Ademais, perdían a vida en Galicia outras seis persoas: o día 19 de xaneiro un home de 93 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, unha muller de 92 anos no Hospital Juan Cardona de Ferrol, un home de 94 anos e unha muller de 89 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña; ademais este 20 de xaneiro falecían un home de 95 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (que procedía da Residencia Virxe de Guadalupe de Mos) e unha muller de 72 anos, tamén no CHUVI.

As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button