SanidadeÚltima hora

Falece unha persoa diagnosticada por Covid no Hospital de Monforte

Hospital de Monforte de Lemos.

 

A Consellería de Sanidade vén de comunicar o falecemento nos últimos días en Galicia de 8 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas na provincia de Lugo. Trátase dun home de 89 anos que estaba ingresado no Hospital de Monforte e que perdía a vida o 3 de decembro.

Ademais falecían en Galicia outras 7 persoas: un home de 83 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) o 3 de decembro, un home de 45 anos tamén no CHUVI o 4 de decembro, un home de 84 anos no Complexo Hospitalario Universtario de Ferrol (CHUF) o 5 de decembro; así como un home de 76 anos no CHUVI, un home de 79 anos no CHUF e unha muller de 74 anos no Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) o 6 de decembro; e un home de 76 anos no CHUF o 7 de decembro.

As oito persoas falecidas presentaban patoloxías previas, segundo informa Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button