SanidadeÚltima hora

Falece unha persoa diagnosticada por Covid no Hospital de Monforte

Hospital de Monforte de Lemos.

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar o falecemento nos últimos días en Galicia de 7 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas na provincia de Lugo. Trátase dunha muller de 94 anos no Hospital de Monforte de Lemos, que falecía o 13 de xaneiro.

Ademais perdían a vida en Galicia outras seis persoas: unha muller de 86 anos en POVISA o 11 de xaneiro; un home de 84 anos en POVISA e unha muller de 90 anos no seu domicilio no concello de Vigo o 12 de xaneiro; así como un home de 72 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, un home de 84 anos no Complexo Hospitalario de Pontevedra e un home de 86 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) o 13 de xaneiro.

As 7 persoas falecidas tiñan patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button