SanidadeÚltima hora

Falece unha persoa diagnosticada por Covid no Hospital de Ourense

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar o falecemento en Galicia nas últimas horas de dúas persoas diagnosticadas por Covid, unha delas no Hospital Universitario de Ourense. Trátase dunha muller de 85 anos que presentaba patoloxías previas. Falecía o 14 de novembro.

Ademais Sanidade informa do falecemento dunha muller de 58 anos no seu domicilio na área sanitaria de Ferrol o 12 de novembro. Non tiña patoloxías previas.

 

Artigos relacionados

Back to top button