SanidadeÚltima hora

Falece unha persoa diagnosticada por Covid no Hospital de Ourense

Publicidade
Entrada do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Na tarde deste venres 23 de xullo a Consellería de Sanidade vén de notificar o falecemento en Galicia de tres persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas na provincia de Ourense.

Así neste 23 de xullo falecía unha muller de 94 anos que estaba ingresada no Hospital Universitario de Ourense. É o segundo falecemento dun paciente con Covid que se produce nesta provincia nunha semana.

Ademais Sanidade comunica o falecemento o 22 de xullo dunha muller de 85 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e o dun home de 94 anos, no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, neste venres 23 de xullo.

As tres persoas falecidas tiñan patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button