SanidadeÚltima hora

Falece unha persoa diagnosticada por Covid no Hospital de Ourense

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar o falecemento nas últimas horas en Galicia de tres persoas que foran diagnosticadas de coronavirus, unha delas na provincia. Trátase dunha muller de 91 anos que estaba ingresada no Hospital Universitario de Ourense.

Ademais perdía a vida unha muller de 65 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e un home de 85 anos no Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Estas tres persoas, que presentaban patoloxías previas, falecían o 27 de agosto.

Artigos relacionados

Back to top button