SanidadeÚltima hora

Falece unha persoa diagnosticada por Covid no Hospital de Ourense

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de comunicar o falecemento en Galicia nas últimas horas de cinco persoas que foran diagnosticadas con coronavirus, unha delas no Hospital Universitario de Ourense. Tratábase dun home de 84 anos que perdía a vida neste 27 de setembro.

Ademais o 26 de setembro falecían un home de 73 anos e outro de 77 anos no Hospital de Monforte. Ambos procedían da residencia DomusVi Monforte. Ese mesmo día tamén falecía un home de 90 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Así mesmo, o 25 de setembro perdía a vida un home de 73 no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

As cinco persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button