En portadaSanidadeÚltima hora

Falece unha persoa diagnosticada por Covid no Hospital de Valdeorras

 

Exterior do Hospital de Valdeorras no Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Dende a Consellería de Sanidade vén notificarse o falecemento nas últimas horas en Galicia de seis persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas no Hospital Público de Valdeorras, no Barco. Trátase dun home de 84 anos que tiña patoloxías previas. Dende o pasado 8 de novembro no se rexistraban falecemento no hospital barquense.

Ademais perdían a vida en Galicia outras cinco persoas: unha muller de 88 anos e un home de 97 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, unha muller de 95 anos no Hospital Lucus Augusti de Lugo, unha muller de 78 anos (que procedía da residencia de Salvaterra de Miño) e un home de 83 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Todos eles tiñan patoloxías previas, segundo indica Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button