En portadaSanidadeÚltima hora

Falece unha persoa diagnosticada por Covid no Hospital de Valdeorras

Entrada principal do Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de comunicar o falecemento en Galicia nas últimas horas de tres persoas que foran diagnosticadas con coronavirus, unha delas en Valdeorras. Así neste 20 de setembro falecía un home de 93 anos, que estaba ingresado no Hospital Público de Valdeorras, no Barco. Este centro hospitalario non rexistraba falecementos dende o pasado 2 de setembro.

Ademais o 19 de setembro perdía a vida un home de 59 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e o 18 de setembro unha muller de 87 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.

Estas tres persoas presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button