En portadaSanidadeÚltima hora

Falece unha persoa diagnosticada por Covid no Hospital de Valdeorras

Sanidade vén de comunicar un total de 6 falecementos na provincia

Exterior do Hospital de Valdeorras no Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Consellería de Sanidade vén de comunicar o falecemento nos últimos días dun total de 14 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas en Valdeorras. Trátase dun home de 90 anos que falecía o 4 de xaneiro no Hospital de Valdeorras, no Barco.

Ademais perdían a vida outras cinco persoas na provincia o 4 de xaneiro: dúas mulleres de 79 anos, un home de 74 anos e unha muller de 98 anos no Hospital de Ourense, ademais dunha muller de 92 anos no Hospital de Verín.

Deste xeito a provincia de Ourense suma xa un total de 474 falecementos dende o inicio da pandemia.

No resto de Galicia falecían outras 8 persoas:  un home de 86 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e un home de 68 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) o 3 de xaneiro; un home de 69 no Hospital do Salnés, un home de 88 anos no CHUS, un home de 46 anos no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) e un home de 67 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) o 4 de xaneiro; unha muller de 78 anos no CHUVI e unha muller de 93 anos no HULA.

As persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button