En portadaSanidadeÚltima hora

Falece unha persoa diagnosticada por Covid no Hospital de Valdeorras

Entrada principal do Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende a Consellería de Sanidade vén de notificarse esta mañá o falecemento nas últimas horas en Galicia de 12 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, dúas delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de 90 anos no Hospital de Valdeorras e dunha muller de 89 anos (procedente da Residencia de Carballeda de Avia) que estaba no Hospital Universitario de Ourense, que falecían o 23 de xaneiro. A provincia rexistra un total de 492 falecementos dende o inicio da pandemia.

Ademais, perdían a vida en Galicia o 16 de xaneiro un home de 89 anos, no seu domicilio do concello de Ribas de Sil (Lugo); o 19 de xaneiro unha muller de 84 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI); o 21 de xaneiro unha muller de 44 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, un home de 83 anos en POVISA, unha muller de 95 anos (procedía da Residencia O Valadouro) no Hospital da Mariña, unha muller de 85 anos no Hospital da Mariña e unha muller de 99 anos no seu domicilio no concello de Lugo; e o 23 de xaneiro un home de 82 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), unha muller de 54 anos no CHUAC e un home de 89 anos na Residencia Padre Rubinos.

Todas as persoas falecidas tiñan patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button