En portadaÚltima hora

Falece unha persoa diagnosticada por Covid no Hospital de Valdeorras

Exterior do Hospital de Valdeorras no Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar o falecemento nos últimos días en Galicia de 8 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas no Hospital de Valdeorras no Barco. Trátase dun home de 89 que falecía o 27 de xaneiro. Con el son xa 495 os falecementos rexistrados na provincia dende o inicio da pandemia.

Ademais perdían a vida en Galicia outras 7 persoas: o día 26 de xaneiro un home de 91 anos no CHUVI, o día 27 de xaneiro un home de 85 anos no CHUF, un home de 91 anos no CHUAC, un home de 91 anos no Hospital Modelo da Coruña, un home de 75 anos no CHUVI e un home de 87 no HULA, e xa o día 28 de xaneiro un home de 84 no CHUS.

As persoas falecidas tiñan patoloxias previas.

 

Artigos relacionados

Back to top button