A Consellería de Sanidade vén de notificar o falecemento de 4 persoas que foran diagnosticadas con coronavirus en Galicia, unha delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de 81 anos que falecía o 12 de agosto no Hospital Público de Verín.
Ademais perdían a vida un home de 63 anos en Povisa o 11 de agosto, unha muller de 91 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) o 12 de agosto e unha muller de 80 anos no CHUAC neste 13 de agosto.
As catro persoas falecidas tiñan patoloxías previas.