Última hora

Falece unha persoa diagnosticada por Covid no Hospital Universitario de Ourense

Entrada do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar o falecemento en Galicia nas últimas horas de 8 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de 97 anos (procedente Domus Vi Barbadás) no Hospital Universitario de Ourense.

Ademais perdían a vida en Galicia outras sete persoas: unha muller de 91 anos e un home de 90 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, un home de 77 anos no Hospital do Salnés (procedente de Domus Vi Ribadumia), unha muller de 85 anos no Vithas Fátima de Vigo, un home de 92 anos no Hospital de Monforte (procedente Residencia del Morín de Monforte), unha muller de 52 anos no Hospital de Burela e un home de 91 anos (procedente da Residencia Virxe da Guadalupe de Mos) no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

As persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button