ConcellosQuirogaÚltima hora

Falece unha persoa e outra resulta ferida nun accidente de tráfico na N-120 en Quiroga

 

Arredor das once da mañá deste sábado 19 de decembro producíase un accidente de tráfico na estrada N-120, en Quiroga. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, un coche saíase da estrada da vía e chocaba contra unha das barreiras de seguridade desta estrada que une Quiroga e Monforte.

Tras recibir o aviso, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Monforte de Lemos e dos membros do GES de Quiroga. “Debido á gravidade das lesións sufridas polos ocupantes do turismo, o equipo médico comunicou a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense”, segundo o 112 Galicia.

“Unha vez no punto, os equipos de emerxencia confirmaron ao 112 que o condutor do vehículo puido abandonalo polo seus propios medios pero, desafortunadamente, a outra ocupante resultou falecida”, segundo o 112 Galicia. O ferido foi trasladado ao Hospital de Monforte.

Ademais, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico “para garantir as condicións de seguridade na vía. Igualmente, pasouse aviso aos efectivos de protección Civil de Quiroga e do servizo de mantemento das estradas por se fose necesaria a súa colaboración”.

Artigos relacionados

Back to top button