ConcellosO BarcoÚltima hora

Falece unha persoa en Viloira (O Barco), tras caer dende un cuarto piso

 

Arredor das once da mañá deste domingo 4 de xullo unha persoa resultaba falecida tras caer dende a fiestra dun cuarto piso nun edificio da avenida Elena Quiroga en Viloira (O Barco).

Ata o lugar do suceso desprazábanse de inmediato os efectivos do 061 Urxencias Sanitarias e a Garda Civil. Sen embargo, nada puideron facer xa que a persoa resultaba falecida.

No intre de escribir esta información aínda permanece no lugar a Garda Civil, pendente de que se proceda ao levantamento do cadáver.

Segundo puido saber este medio de comunicación, a persoa falecida era un home de pouco máis de 40 anos, que vivía en Viloira pero era natural doutro pobo da comarca de Valdeorras.

 

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button