En portadaÚltima hora

Falece unha persoa nun accidente de tráfico en Rubiá

Un turismo chocaba frontalmente cun camión arredor das sete da tarde

 

Rozando ás 19h. desta tarde de 12 febreiro producíase un accidente de tráfico na estrada N-120 ao seu paso polo termo municipal de Rubiá, antes de chegar ao primeiro túnel da Barosa (dirección Ponferrada). Chocaban de fronte un turismo e un camión. Como consecuencia do impacto, o coche quedou encaixado no camión.

A persoa que conducía o turismo quedaba atrapada no seu interior, “polo que foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Valdeorras”, tal e como informa o 112 Galicia.

 

“Ante a probabilidade de que houbese persoas atrapadas no interior, o persoal do 112 Galicia pediu, de inmediato, a colaboración dos bombeiros para liberar ao ocupante do coche. Con todo, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 nada puideron facer por salvarlle a vida”, segundo informa o 112 Galicia.

Tamén se mobilizou aos efectivos do GES de Valdeorras e aos axentes da Garda Civil, “que se encargaron da xestión do tráfico e recoller toda información sobre esta colisión mortal”, segundo o 112 Galicia.

 

Artigos relacionados

Back to top button