ConcellosÚltima horaVerín

Falece unha persoa nun accidente de tráfico en Verín

 

Rozando as dúas desta madrugada producíase un accidente de tráfico en Verín no punto coñecido como recta de Tamaguelos. “Os servizos sanitarios de urxencia solicitaban ao 112 Galicia a colaboración dos bombeiros para un accidente na N-532, punto quilométrico 8, en Verín. Indicaban que un coche batera contra un poste eléctrico. Aseguraban que unha ambulancia acabada de atopar un vehículo que sufrira unha saída de vía cunha persoa atrapada no interior do turismo”, tal e como informa o 112 Galicia.

Con este datos, desde Emerxencias Galicia informouse aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Verín, que, unha vez no lugar do accidente, “confirmaron a excarceración da persoa falecida e única ocupante do vehículo”, sinala o 112 Galicia.

Como consecuencia do impacto, un poste do subministro eléctrico resultou afectado, polo que desde os xestores do 112 Galicia informaron da situación ao persoal da compañía xestora que abastece a zona.

Artigos relacionados

Back to top button