OurenseÚltima hora

Falece unha persoa nun accidente de tráfico en Maside

Na noite do 13 de febreiro o vehículo que conducía saíase da vía e caía por un barranco

Un home perdía a vida na pasada noite do 13 de febreiro nun accidente de tráfico que tiña lugar na estrada N-541 km. 24,400, no termo municipal de Maside. O vehículo que conducía saíase da vía e caía por un barranco. Sucedeu ás 22:05 horas no lugar de Dacón, concretamente na parroquia masidá de Amarante.

O 112 Galicia informa de que “como consecuencia do impacto, o condutor quedou, ademais, atrapado no interior do coche, polo que tiveron que intervir os efectivos do parque de bombeiros do Carballiño. Con todo, unha vez excarcerado, os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias soamente puideron confirmar o falecemento do condutor”.

Segundo a información feita pública pola Garda Civil, como resultado do sinistro ademais do condutor falecido, un veciño de Negrelle (Maside) e con 62 años, tamén resultaba ferida leve outra persoa que ía no coche.

Artigos relacionados

Back to top button