ConcellosMonforte de LemosÚltima hora

Falece unha persoa nun incendio nunha vivenda en Monforte de Lemos

Imaxe de arquivo.

 

Unha persoa perdía a vida esta mañá despois de declararse un incendio nunha casa situada na rúa Malvarón de Monforte de Lemos. O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos ás once e vinte, a través da chamada dunha persoa particular que alertaba do incendio.

“Axiña, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Monforte, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Policía Local e Nacional. Segundo a información recollida no 112 Galicia, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Monforte de Lemos sacaron do interior da vivenda á persoa, para que fose atendida polo equipo médico, que nada puido facer por salvarlle a vida. Ademais, comprobaron o resto da casa e descartaron que houbese alguén máis dentro. Por outra banda, informaron de que arderan varios mobles no interior da vivenda”, segundo a información difundida polo 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button