OurenseÚltima hora

Falece unha persoa tras caer dunha altura de tres metros nunha obra en San Cibrao das Viñas

 

Un operario perdía hoxe a vida en San Cibrao das Viñas ao precipitarse dunha altura de tres metros mentres reformaba unha casa, no lugar de Rante.

Segundo informan facilitada ao 112 Galilcia polos membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de San Cibrao das Viñas, “o home caeu dun dos piares que arman a estrutura do andar superior da edificación”.

Eran ao redor das 17:45 horas cando o 112 recibía a chamada dunha persoa particular alertando de que o operario sufrira unha caída. Deseguido, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitaban a intervención do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, “que nada puido facer por salvarlle a vida”, din.

Artigos relacionados

Back to top button