SanidadeÚltima hora

Falecen 10 persoas con Covid en Galicia, 2 delas na provincia

Entrada do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende a Consellería de Sanidade vén de notificarse o falecemento nas últimas horas en Galicia de dez persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, dúas delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de 97 anos e dunha muller de 67 anos, que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e que presentaban patoloxías previas.

Ademais falecían outras oito persoas en Galicia: unha muller de 80 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, un home de 93 anos no Hospital do Salnés, un home de 28 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (procedente da Residencia de discapacidade Doral), unha muller de 88 anos e un home de 68 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, unha muller de 82 anos (procedente da Residencia San Salvador de Guntín) e unha muller de 74 anos (procedente da Residencia de Vilalba) no Hospital Universitario Lucus Augusti e un home de 84 anos no Hospital HM-Modelo Belén da Coruña. Todos eles presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button