SanidadeÚltima hora

Falecen 12 persoas diagnosticadas por Covid en Galicia, 4 delas na provincia

Entrada ao Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Ata 12 falecementos de persoas diagnosticadas por coronavirus veñen de producirse nas últimas horas en Galicia, tal e como vén de notificar a Consellería de Sanidade. Catro deses falecementos producíanse na provincia de Ourense. Trátase dun home de 67 anos, dun home de 75 anos, dun home de 85 anos e dun home 86 anos que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Ademais perdían a vida un home de 76 anos e un home de 86 anos que estaban ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, un home de 88 anos no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, un home de 86 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, unha muller de 96 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, unha muller de 91 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, así como un home de 83 anos e unha muller de 92 anos na Residencia Ballesol de Vigo.

Artigos relacionados

Back to top button