SanidadeÚltima hora

Falecen 15 persoas con Covid en Galicia, tres delas na provincia

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar o falecemento nas últimas horas en Galicia de 15 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, tres delas na provincia de Ourense. Trátase dunha muller de 91 anos, dun home de 78 anos (procedente da residencia Nosa Sra. dos Miragres de Barbadás) e dunha muller de 78 anos que falecían no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Ademais perdían a vida en Galicia outras doce persoas con Covid: unha muller de 53 anos, un home de 69 anos, un home de 71 anos e unha muller de 97 anos (procedente da residencia Ballesol de Oleiros) no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, unha muller de 88 anos na residencia DomusVI de Oleiros; unha muller de 94 anos e unha muller de 88 anos na residencia DomusVI -Ribadumia, unha muller de 95 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, unha muller de 91 anos na residencia Ballesol de Vigo, unha muller de 84 anos (procedente da residencia Doral de Mos) no Hospital Vithas Fátima de Vigo, un home de 80 anos e unha muller de 88 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

“Estes falecidos corresponden tamén ao reconto de fin de semana realizado por Saúde Pública e que hoxe se actualizaron tras comprobar que faleceran por Covid”, tal e como indica a Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button