SanidadeÚltima hora

Falecen 15 persoas que foran diagnosticadas de Covid en Galicia, 1 delas na provincia

Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende a Consellería de Sanidade vén de notificarse o falecemento nas últimas horas en Galicia de 15 persoas que foran diagnosticadas de Covid, unha delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de 84 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Ademais perdían a vida en Galicia outras 14 persoas: unha muller de 86 anos, un home de 46 anos e un home de 69 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña; un home de 82 anos na residencia Santa Teresa de Jornet, un home de 87 anos na residencia DOMUSVI de Vimianzo, unha muller de 76 anos e unha muller de 87 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol; un home de 65 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, unha muller de 91 anos na residencia San José de Arzúa, unha muller de 82 anos na residencia DOMUSVI de Ribeira, un home de 74 anos no Complexo Hospitalario de Pontevedra, un home de 64 anos, un home de 95 anos (procendente da residencia Paz y Bien de Tui) e unha muller de 90 anos (procedente da residencia Las Angélicas de Vigo) no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Todos eles presentaban patoloxías previas, agás o varón de 46 anos falecido no CHUAC, segundo Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button