SanidadeÚltima hora

Falecen 16 persoas diagnosticadas por Covid en Galicia, 4 delas na provincia

 

Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de comunicar o falecemento en Galicia nas últimas horas de 16 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, catro delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de  88 anos e dunha muller de 89 anos que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Tamén falecían unha muller de 80 anos e unha muller de 87 anos na residencia Santa María de Verín.

Ademais perdían a vida en Galicia outras 13 persoas: un home de 90 anos, unha muller de 84 anos e unha muller de 85 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago; un home de 80 anos e unha muller de 81 anos no Complexo Hospitalario de Pontevedra; un home de 77 anos, un home de 83 anos e unha muller de 96 anos (procedente da residencia Paz y Bien de Tui) no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo; unha muller de 84 anos e un home de 56 anos en POVISA, un home de 95 anos (procedente da residencia A Pastoriza) no Hospital Universitario Lucus Augusti e unha muller de 91 anos na residencia DOMUSVI de Vimianzo. Todos eles presentaban patoloxías previas

Artigos relacionados

Back to top button