SanidadeÚltima hora

Falecen 17 persoas diagnosticadas por Covid en Galicia, dúas delas na provincia

Exterior do Hospital de Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende a Consellería de Sanidade vén de notificarse o falecemento en Galicia de 17 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, dúas delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de 78 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e dunha muller de 91 anos na residencia Nosa Sra. dos Miragres de Barbadás.

As outras 15 persoas falecidas son unha muller de 96 anos (que procedía da residencia de San Cibrao en Cervo) no Hospital da Mariña, unha muller de 90 anos, unha muller de 96 anos e unha muller de 89 anos (que vivía na residencia San Salvador de Guntín) no Hospital Lucus Augusti; unha muller de 98 anos na residencia Nuestra Sra. de las Virtudes de Pontedeume; un home de 70 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol; un home de 91 anos, un home de 86 anos e unha muller de 87 años anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Ademais perdían a vida unha muller de 86 anos, un home de 80 anos, unha muller de 89 anos, unha muller de 96 anos, unha muller de 85 anos e unha muller de 87 anos na residencia de Salvaterra de Miño.

Dende a Consellería de Sanidade aclaran que estas persoas “falecidas corresponden tamén ao reconto de fin de semana realizado por Saúde Pública e que hoxe se actualizou tras comprobar que faleceran por Covid”.

Artigos relacionados

Back to top button