SanidadeÚltima hora

Falecen 2 persoas diagnosticadas por Covid na provincia

 

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar o falecemento en Galicia nas últimas horas de 3 persoas qe foran diagnosticadas por coronavirus, dúas delas na provincia. Trátase dun home de 84 anos e dun home de 74 anos que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e que falecían o 19 de marzo.

Ademais neste 20 de marzo perdía a vida unha muller de 99 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

As tres persoas falecidas tiñan patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button