SanidadeÚltima hora

Falecen 29 persoas diagnosticadas por Covid en Galicia, 5 delas na provincia

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de informar esta tarde do facelecemento de 29 persoas que foran diagnosticadas con coronavirus, 5 delas na provincia de Ourense. “Estes falecementos non se produciron todos hoxe, senón que hai algúns dos últimos días da semana pasada, pero foron validados hoxe por Saúde Pública, logo de confirmarse que faleceran por Covid-19”, aclara Sanidade. Todos eles presentaban patoloxía previas.

Así neste 27 de xaneiro falecía unha muller de 90 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, ademais de unha muller de 90 anos, unha muller de 51 anos (procedente da residencia Pai Menni de Betanzos), unha muller de 94 anos, un home de 88 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña; un home de 76 anos no Complexo Hospitalario de Pontevedra, unha muller de 86 anos na residencia DOMUSVI de Carballo,  unha muller de 90 anos  en POVISA, unha muller de 87 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e unha muller de 83 anos, falece na residencia DOMUSVI de Carballo.

Ademais o día 26 de xaneiro falecían tres persoas ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense: un home de 60 anos, unha muller de 87 anos (procedente da residencia Quercus de Leiro) e un home de 92 anos (procendente da residencia DOMUSVI de Bande). Tamén perdían a vida un home de 77 anos, un home de 66 anos e un home de 61 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña; unha muller de 97 anos e un home de 77 años na residencia DOMUSVI de Carballo; un home de 74 anos e unha muller de 84 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, unha muller de 96 anos na residencia Quercus de Leiro, un home de 79 anos, un home de 88 anos e un home de 77 anos no Complexo Hospitalario de Pontevedra, un home de 60 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, unha muller de 85 anos en POVISA e un home de 84 anos na residencia Stella Maris de Nigrán.

Sanidade tamén indica que o 22 de xaneiro perdía a vida unha muller de 91 anos, falece no seu domicilio da Área Sanitaria de A Coruña.(A Laracha) e o día 24 unha muller de 83 anos, falece na residencia A Pastoriza.

Artigos relacionados

Back to top button