SanidadeÚltima hora

Falecen 4 novos pacientes diagnosticados de Covid na provincia

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende a Consellería de Sanidade vén de confirmarse o falecemento nas últimas horas de cinco persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, catro delas na provincia de Ourense. Trátase de tres mulleres de 96, 83 e 90 anos e dun home de 85 anos, todos eles estaban ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Todos eles tiñan patoloxías previas, segundo indica Sanidade. A muller de 96 anos que estaba ingresaba no CHUO procedia da Residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar.

Ademais tamén perdía a vida en Galicia outro home de 85 que estaba ingresado no Hospital Lucus Augusti de Lugo.

Artigos relacionados

Back to top button
Close