SanidadeÚltima hora

Falecen 4 persoas diagnosticadas por Covid en Galicia, 1 delas no Hospital de Verín

Fachada do Hospital de Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende a Consellería de Sanidade vén de notificarse o falecemento nas últimas horas en Galicia de catro persoas que foran diagosticadas por coronavirus, unha delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de 98 anos que estaba ingresado no Hospital de Verín e que tiña patoloxías previas.

Tamén perdían a vida en Galicia un home de 66 anos hospitalizado no Complexo Hospitalario de Pontevedra, un home de 81 anos e unha muller de 87 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Tamén presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button