SanidadeÚltima hora

Falecen 4 persoas diagnosticadas por Covid en Galicia, unha delas na provincia

Entrada do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende a Consellería de Sanidade vén de notificarse o falecemento nas últimas horas en Galicia de 4 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de 90 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, que perdía a vida o 16 de marzo.

Ese mesmo día falecían unha muller de 95 anos e un home de 71 anos no CHUAC. Ademais neste 17 de marzo perdía a vida un home de 81 anos no CHUAC.

As catro persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

 

Artigos relacionados

Back to top button