SanidadeÚltima hora

Falecen 4 persoas que foran diagnosticadas por Covid en Galicia, 1 delas na provincia

Entrada ao Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar o falecemento en Galicia nas últimas horas de 4 persoas que foran diagnosticadas con coronavirus, 1 delas na provincia de Ourense. Trátase dunha muller de 76 anos que estaba ingresada no Complexo Hospital Universitario de Ourense e que falecía o 1 de marzo.

Ese mesmo día perdía a vida un home de 74 anos no CHUAC e, xa neste 2 de marzo, falecían un home de 84 anos, que procedía da residencia de maiores Laraxe (Cabanas), no CHUF e un home de 89 anos no CHUVI.

As catro persoas falecidas tiñan patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button