SanidadeÚltima hora

Falecen 5 persoas diagnosticadas por Covid en Galicia, 2 delas na provincia

Entrada do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén notificar o falecemento nas últimas horas en Galicia de 5 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, dúas delas na provincia de Ourense. Trátase dunha muller de 86 anos (procedente da residencia Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia) e dun home de 84 anos que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Ademais perdían a vida un home de 90 anos e un home de 85 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol e unha muller de 87 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Artigos relacionados

Back to top button
Close