SanidadeÚltima hora

Falecen 5 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, 2 delas na provincia de Ourense

No Hospital de Verín faleceu un home de 84 anos e na residencia Os Gozos do Pereiro de Aguiar unha muller de 91

Fachada do Hospital de Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Na tarde deste martes 20 de outubro a Consellería de Sanidade informaba de 5 novos falecementos de persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, dúas delas na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Trátase de dúas mulleres de 73 e 78 anos que estaban ingresadas no Hospital Universitario de Santiago (CHUS) e no da Coruña (CHUAC), respectivamente; e de dous homes de 84 e 83 anos, que estaban ingresados no Hospital de Verín e no Hospital Universitario de Vigo (CHUVI). Asimesmo, unha muller de 91 anos falecía na residencia Os Gozos do Pereiro de Aguiar.

Segundo indican dende Sanidade, todos os pacientes presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button
Close