SanidadeÚltima hora

Falecen 6 persoas con Covid, 3 delas na provincia de Ourense

Entrada do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende a Consellería de Sanidade vén de notificarse o falecemento nas últimas horas en Galicia de 6 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, tres delas na provincia de Ourense. Trátase dunha muller de 100 anos e dun home de 86 anos (procedentes da Residencia San Antonio de Beariz), así como dun home de 77 anos, que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Os tres tiñan patoloxías previas.

Ademais falecía un home de 88 anos no seu domicilio da área sanitaria de Ferrol (As Pontes), unha muller 85 anos (procedente da Residencia Soremay) no Hospital Miguel Domínguez de Pontevedra e unha muller 92 anos (procedente da Residencia Soremay) no Complexo Hospitalario de Pontevedra. Todos eles presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button