SanidadeÚltima hora

Falecen 6 persoas con Covid en Galicia, unha delas no Hospital de Monforte

Hospital de Monforte de Lemos.

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar o falecemento nas últimas horas en Galicia de 6 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas no Hospital de Monforte de Lemos. Trátase dun home de 102 anos.

Ademais perdían a vida outras cinco persoas na comunidade: un home de 70 anos no Complexo Hospitalario de Pontevedra, unha muller de 88 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, un home de 63 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, unha muller de 90 anos (procedente da Residencia Ballesol de Vigo) no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo e un home de 79 anos no Cegadi (Santiago), que procedía da Residencia de San Salvador de Guntin.

Estas seis persoas falecidas tiñan patoloxías previas, segundo Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button
Close